Peche verán deportivo 2012

A Concellería de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais, convidan a tódolos participantes no CAMPAMENTO DE VERÁN e nos CURSIÑOS DE NATACIÓN á clausura dos mesmos que terá lugar o próximo venres 31 de Agosto.

Os interesados en participar poden facer a súa inscrión gratuita a través dalgún dos seguintes medios:

  • Na Casa do Concello – Tenencia de Alcaldía (Deportes).
  • Nas EDM – Pavillón Municipal, en horario de 9:00 a 13:00 horas ou de 16:30 a 18:30 horas.
  • Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
  • A través do correo electrónico: tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es ou no número de teléfono: 675232832.

A xornada dará comenzo ás 11:00 horas con xogos na Piscina Municipal. Os participantes terán que traer a roupa axeitada para actividades con auga. Os nenos que non están participando nos cursiños ou no campamento de verán nesta quincena deberán ser achegados a piscina. Os participantes do campamento da última quenda (que remata o 31 de agosto) partirán do Pavillón Municipal acompañados dos monitores.

Ás 13:00 horas partirase dende a Piscina Municipal cara a Praza do Concello.

Ás 14:00 horas, xantar na Praza do Concello. Os nenos poderán ser acompañados neste xantar polas súas familias. Cada familia ou neno traerá a súa comida e disfrutaremos dun xantar festivo e en familia baixo a carpa que estará instalada na Praza do Concello co motivo da Festa dos Callos.

No caso de que vaia mal tempo, as actividades terán lugar no Pavillón, a partires das 11:00 horas.