Salceda mentendo o compromiso cos maiores

Este xoves tivo lugar a apertura do primeiro Taller de Recuperación de Memoria, organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda.

No acto de apertura tamén estivo presente o novo Director da oficina de La Caixa de Salceda, Don José Manuel Ferreira, xa que esta entidade colaborou económicamente con proxecto a través da súa obra social.

Pedro Romero, subdirector desta oficina de La Caixa de Salceda de Caselas, sinalou que son unha entidade que encamiña a obra social especialmente a proxectos para a terceira idade, a infancia e outros colectivos especiais e están dispostos a colaborar cas iniciativas que partan do Concello en relación a estas actividades sempre que lles sexa posible.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable da área de Benestar, sinala que nestes tempos actuáis é moi importante a obra social que poden facer as entidades e toda colaboración é ben recollida por parte das administracións, e por suposto dos cidadáns. Por este motivo dende o Concello queren agradecer firmemente a atención prestada, tanto no trato como económicamente, por esta oficina.

Antonio Cruces, un dos participantes deste taller, tamén interviu neste acto de apertura agradecendo en nombre de tódolos asistentes a sensibilidade que a Tenente Alcalde mostrou dende un principio pola realización de estas actividade.

O taller levarase a cabo o longo dos meses de marzo, abril e maio. Está dirixido a maiores de 60 anos. Neste primer taller participarán 20 persoas e levaráos a cabo unha persoa titulada e con experiencia neste tipo de actividades, que xa colaboraba ca área de Voluntariado do Concello.

Dende a Concellería de Benestar tamén sinalan que tivo tan boa acollida o Taller que houbo xente que non puido entrar e quedou en reserva. A pretensión é poder darlle continuidade a este tipo de actividades a través da Bolsa de Voluntariado do Concello, polo que a xente que non puido entrar neste taller por existir límite de prazas poidan participar nun taller posterior.