Programas de axudas sociais

Salceda pon en marcha accións para afrontar os recortes da Xunta

A Concellería de Benestar Social ante a situación de crise actual, considera unha necesidade poñer a disposición dos veciños/as accións para paliar os sucesivos recortes que se están impoñendo dende as distintas administracións.

Marina Cabaleiro (Tenente Alcalde), responsable desta área “dende os Concellos debemos tomar tódalas medidas posibles para axudar ás familias a afrontar esta situación.

 

Programa de Alimentos:

Neste campo, o Concello a través do Convenio firmado con Cruz Vermella ben traballando nos últimos tempos co Programa de Aimentos. O procedemento a seguir e a través dunha instancia na cal se solicitan datos económicos e laborais, entregando así alimentos ás familias que cumpran cos requisitos para acceder a este servizo.

As solicitudes presentaranse en Servizos Sociais ou na Concellería de Benestar.

Cabe destacar que este servizo non se podería levar a cabo sen a solidaridade dos voluntarios que prestan o seu tempo na organización do mesmo. Por outra banda, tamén está sendo importante a impricación dos veciños que están aportando por iniciativa propia alimentos a este programa.

 

Banco de Roupa:

Seguindo esta liña, e coa colaboración do grupo de voluntariado de Salceda (VOLSA) estase a preparar o novo servizo do Banco de Roupa. Entrará en funcionamiento na primeira semán de Febreiro, aínda que as recollidas xa se están realizando no edificio administrativo do Concello (Concellería de Benestar Social).

Unha vez máis queda patente a solidaridade dos veciños neste tipo de accións, xa que nas últimas semáns estase a recibir grande cantidade de roupa para levar a cabo esta iniciativa.

Nun primeiro momento este servizo estará a disposición dos usuarios os primeiros luns e martes de cada mes, no horario de 9:30 a 11:30 horas.

Toda a información sobre este servizo estará a disposición dos posibles usuarios na Concellería de Benestar e nos Servizos Sociais do Concello.