Novas

Salceda aposta pola mellora da rede viaria nas súas parroquias

Nesta ocasión o Concello decide facer unha forte aposta pola mellora da rede viaria do rural, para o cal reserva un total de 339.265,35 €, que se destinarán a mellorar as estradas nas diferentes parroquias, priorizando aqueles casos que os veciños e veciñas e as diferentes asociacións foron solicitando.

A creación de emprego estará bonificada en Salceda

O Concello de Salceda modificará as súas ordenanzas fiscais para adecuarse ás condicións do “Concello Doing Business”, co que se busca atraer novas empresas, investimentos e emprendedores e, en consecuencia, máis emprego, achegándolles: máis incentivos fiscais, menos papelame administrativo e unha oferta de solo industrial coas mellores condicións que se deron nunca en Galicia.

A Bolsa de Emprego surte as empresas de Salceda e arredores

O Centro de Desenvolvemento Local O Torrón (CDL O Torrón) da Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas ven a lanzar unha campaña de prospección de emprego e de procura de empresas que precisen persoal para facilitarlle o mesmo dende a bolsa de emprego, co fin de atopar un traballo ás persoas inscritas nesta bolsa de emprego e ao mesmo tempo dotar as empresas de persoal cualificado dun xeito cómodo, rápido e profesional.