Novas

Novo tramo de Senda Fluvial no Río Landres

O Concello de Salceda de Caselas ven de rematar as obras de construcción do novo tramo de Senda do Río Landres, no tramo correspondente ao espazo entre O Seixo e o Muiño da Pereira. O proxecto, con un orzamento de 105.252,18 €, enmárcase dentro do Plan Concellos 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Comezan as obras de ensanche da estrada Fontán – Sete Camiños

A obra permitirá o ensanche da estrada ata unha anchura de entre 7 e 8 metros (actualmente ten 5 metros), que incluirá ademáis a rectificación da perigosa curva que se atopa no tramo, así como a mellora da seguridade no entorno da poza existente, na que se colocará unha barandilla perimetral.