Éxito e ilusión de novo en Setembro
Despois dos resultados obtidos na convocatoria do mes de maio, con case un 48% de aprobados, tomouse a decisión de continuar cas clases de apoio para as probas do graduado en ESO de setembro.
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
Despois dos resultados obtidos na convocatoria do mes de maio, con case un 48% de aprobados, tomouse a decisión de continuar cas clases de apoio para as probas do graduado en ESO de setembro.
Xoves, 20 de xuño ás 20:00 horas.
CDL “O Torrón”
Charla sobre a pasada convocatoria das probas da ESO, para compartir experiencias e resultados ademáis de falar sobre as posibles clases de apoio para setembro.
A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda ven de firmar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para formar parte da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT).
Os días 22 e 24 de maio, de 9:30 a 14:30 horas terá lugar un seminario de inserción laboral (autoemprego cooperativo). Este seminario é organizado pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA, en colaboración coa Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Vigo e o Concello de Salceda.
Novos cursos de Informática Básica (nivel inicial) e Búsqueda de Emprego por Internet serán os que acolla a Aula de Novas Tecnoloxías do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, a partires do próximo 7 de maio.