O equipo de goberno de Salceda volve apoiar á PAH
O equipo de goberno de Salceda (Movemento Salceda e PSOE) segue a colaborar coa Plataforma de Afectados polas Hipotecas. Nesta ocasión, o Alcalde e as/os Concelleiras/os do goberno van facer unha aportación de 200 € para axudar na financiación da viaxe que a PAH fai esta fin de semana a Madrid para participar nas “Marchas pola Dignidade” convocadas para a defensa dos dereitos dos cidadáns, neste caso o dereito a unha vivenda digna.