II Programa Agroecolóxico de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas vai a estrear o seu II Programa Agroecolóxico

 

Dende a Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Cándido Lorenzo,vaise a levar a cabo o II Programa Agroecolóxico que vai a continuar coa primeira liña de programa executada no ano anterior, este ano coincidindo co ano Internacional da Agricultura familiar (AIAF), se queren enfocar as Xornadas a colectivos que a través dunha estructura microeconómica desenvolven os seus productos nun cultivo ecolóxico.

O primeiro enfoque a tratar no Programa vai a ser a “Comercialización de produtos agrícolas de producción sostible” onde o día 21 de marzo se procederá á presentación do Programa mediante a intervención de Unións Agrarias que enfocarán a súa exposición de cara á “A agricultura familiar como recurso económico no rural”, o 28 de marzo e o 4 de abril vaise a abordar a temática da comercialización dos productos ecolóxicos a través de dous tipos de mercados o que traballa con selo ecolóxico e o de confianza representado por diferentes entidades como Egali, Antonia Pereira, Adegas Corisca; A Tabertenda, Coala, Horta do Val e Cesta Fresca.

Nunha segunda fase vaise a integrar unha temática máis enfocada á biodiversidade dende o punto de vista da obtención de sementes e plántula onde intervirán A Misión Biolóxica CSIC Daplanta e Paporroibo que forma parte da Rede de Sementes de Galicia este seminario terá lugar o 11 de abril e o día 24 de abril vaise a falar da Permacultura como método directo a conservar a biodiversidade. Así como abordar a temática de qué sabemos sobre os trasxénicos e axentes dañinos para a nosa saúde que terá lugar o 9 de abril.

En canto a obradoiros prácticos terán lugar no invernadoiro do CDL do Torrón onde se aplicarán coñecementos técnicos ecolóxicos en campo o día 26 de abril e o día 10 de abril a Compostaxe doméstica a cargo de Almudena Rodriguez Vila. Agroecóloga.

Dende o Concello de Salceda de Caselas, quérese aproveitar co lanzamento do Programa Agroecolóxico para o lanzamento da apertura do Mercadiño en Ecolóxico que terá lugar o primeiro sábado de cada mes, para a venda de productos en ecolóxico atodos os productores que estén dados de alta no IAE

Con estas Xornadas queremos incidir principalmente na calidade de vida das persoas e nas súas costumes agrarias, ofrecendo alternativas laborais máis respetuosas co medio ambiente e que pemitan a sustanbilidade do medio. A saúde é un tema primordial no que queremos incidir, e a alimentación é unha parte fundamental da nosa saúde e calidade de vida, que debemos de ter en conta e valorar. O mercado de produtos ecolóxicos e de cercanía aumenta a nosa calidade de vida e o coidado do noso medio, asegura Cándido Lorenzo.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, incide na importancia de continuar con programas que indiquen unha mellora na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, que ademáis se quere levar á práctica a través da apertura de Mercadiño en Ecolóxico. Un consumo responsable e de calidade é fundamental para todos nos, e o Concello de Salceda de Caselas quere incidir en aspectos primordiais para a cidadanía como é a alimentación.

 programación ambiental 2013