Novas

Salceda executa a mellora das pistas de Pegullal e Casás

O Concello de Salceda de Caselas, ao Traverso da Concellaría de Vías e Obras que dirixe Fortunato Álvarez, está a executar a mellora e asfaltado das pistas de Pegullal e Casás, co obxectivo fundamental de mellorar a Rede Municipal de Viais. As obras están incluídas dentro do PEIM 2013-2014, no Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal

II Festa da Angula en Soutelo

Repítese por segundo ano consecutivo a II FESTA DA ANGULA en Soutelo.

A iniciativa deste festexo partiu da Comisión de Festas do pasado ano, a presente comisión dalle continuidade a esta cita gastronómica.

Esta cita está marcada no calendario para o domingo, 11 de maio, a partires das 11 da mañá na área recreativa do Borralliño.