Novas

Programa Saúde e Benestar 2014

O programa inclúe ademais da estancia e a pensión completa (con bebidas incluidas), a utilización do Spa, balneario ou outras instalacións de características similares, así como os traslados en autobus dende os concellos de orixe ata o establecemento escollido e viceversa.
Prazo de solicitude: ata o 2 de xullo.

Sinatura de Acta de Derradeiras Vontades en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas sumouse á celebración do acto “En Galego, Agora e Sempre”, que se leva celebrado xa en diversos municipios de toda Galicia da man da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. No caso de Salceda, o acto tivo lugar o pasado sábado 31 de maio no Cemiterio Parroquial de Santa María de Salceda.