Novas

VII Marcha BTT Raíña Aragonta

A concellería de deportes resalta o nivel de participación e o éxito que cada ano ten o C.C. Aragonta na organización desta marcha BTT.
As inscricións poden realizarse en: http://jroliveira.net84.net/aragonta2014/

Formación en apoio ó emprego

Novo ciclo formativo no CDL O Torrón.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable da área, suliña a boa aceptación que tivo esta convocatoria con 400 solicitudes nos diferentes cursos.

Retirados 350 quilos de lixo dos ríos de Salceda

Este é o sexto ano consecutivo en que a Asociación Treze Catorze realiza esta limpeza. Conta en todo momento coa colaboración do Concello de Salceda, que proporciona o material preciso: luvas, sacos de lixo…

Ofertas de emprego e formación: 8 de outubro

Ofertas Oficina de emprego de O Porriño.
Responsable de departamento laboral para Gondomar.
Telefonista para Gondomar.
Boletín ofertas de emprego CEG.
Boletín ofertas de emprego Santiago de Compostela.
Axudas a desempregados para a matrícula nun master.

Xornada Cultural

A Coral Polifónica de Santa María de Salceda organiza unha Xornada Cultural o vindeiro sábado 11 de outubro a partires das 20:00 no Centro Social da Devesa.