Xornada Cultural

A Coral Polifónica de Santa María de Salceda organiza unha Xornada Cultural o vindeiro sábado 11 de outubro a partires das 20:00 no Centro Social da Devesa.

Os grupos participantes serán:

– Grupo de pandeireteiras As Lucernas de Fiolledo (Salvaterra)

– Grupo Xoanroque de Vigo

– Grupo de gaitas Os de Agüín (salceda)

– Coral Polifónica de Santa María de Salceda

A Xornada terá tamén un fin solidario, xa que se realizará recollida de alimentos non perecedeiros para o Programa de Alimentos de Salceda.