Inaugurada a Fonte das Carballas
A urbanización consistiu no adoquinado do entorno da fonte así como da escaleira de acceso dende a Rúa Pontevedra, xusto ao carón do Auditorio Municipal. Acometéuse tamén a limpeza da Fonte e a colocación do pertinente rótulo con nome da mesma.