Novas

Salceda acolle o II Festival Solidario da Canción

A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas organiza o II Festival Solidario da Canción, que terá lugar na Praza do Concello o venres 15 de xullo, pechando a programación do Verán Cultural.

DEPORUARTE

O Concello de Salceda de Caselas a través da Concellaría de Mocidade que dirixe Carla Pérez, vai desenvolver a primeira quincena do mes de setembro, dentro do programa DEPORUARTE 2016 organizado pola Deputación de Pontevedra, o curso O TEU CORPO UN INSTRUMENTO, dirixido prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos.

Nova edición do Roteiro dos Pazos

Salceda acolle este sábado unha nova edición do Roteiro dos Pazos; unha oportunidade única para acceder aos recintos dos Pazos e contemplalos en primeira liña. O roteiro vai acompañado de representacións teatrais e de danza.