O concello de Salceda repartiu composteiros individuais e cubos de reciclaxe.

O concello de Salceda de Caselas repartiu composteiros individuais e cubos de 10 e 90 litros para participar na compostaxe comunitaria, ao abeiro das bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Ditas axudas financiaron o 90% do custo do proxecto.

Todavía están dispoñibles cubos de 10 litros para a veciñanza que queira participar na compostaxe comunitaria, así coma de 90 litros para o comercio xerador de orgánicos, quenes o poden solicitar a través da concellería de medioambiente.

Os composteiros individuais están esgotados, polo que se creou unha lista de agarda, á que se pode anotar a veciñanza. O concello tratará de cubrila demanda destos composteiros na máxima brevidade posible.

 

Salceda a 16 de decembro de 2022.