Xerais

Salceda instalará columpios adaptados nos seus parques infantiles

O Concello de Salceda instalará nas vindeiras semanas xogos infantís adaptados para os cativos con mobilidade reducida nos parques municipais da Gándara e Raíña Aragonta. Trátase de elementos inclusivos nos que todos os nenos e nenas poden xogar conxuntamente compartindo espazos e instalacións.

Iniciadas as obras de mellora da Aula Unitaria de Fontán

O Concello de Salceda de Caselas deu comezo, esta semana, aos traballos de mellora da Aula Unitaria de Fontán, pertencente ao CRA Raíña Aragonta. As obras, incluídas no Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, contan cun investimento de 26.545,64 €.

25 Entidades de Salceda reciben 92.051,40 € do Concello

25 entidades veñen de asinar os convenios das axudas para gastos de funcionamento do ano 2017. Ditas axudas van destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades teñen ao longo do ano, e que no mes de decembro terán que xustificar ante o Concello.

O CDL do Torrón mergúllase nas redes sociais

O Centro de Desenvolvemento Local do Torrón vén de realizar unha importante aposta pola presenza nas redes sociais de cara a procurar todas as vías posibles para achegarse ós seus usuarios e usuarias