A auga das fontes de Salceda é apta para o consumo humano
O Concello de Salceda a través da Concellaría de Medioambiente que dirixe Carla Pérez ven de realizar análises na auga de 41 fontes públicas, escollendo aquelas máis frecuentadas polos veciños e veciñas. Os resultados son moi positivos, establecendo a potabilidade en 38 das 41 fontes analizadas.