O Concello de Salceda ficha a Laura Seara para elaborar o seu II Plan de Igualdade
Constituíuse un equipo promotor con presenza de persoal técnico e político do Concello, así como un equipo de traballo no que se conta coa presenza de representantes do tecido asociativo e educativo do Concello, así como das diferentes forzas políticas con representación no Concello.