Nota informativa sobre os atrasos do IBI de 2018
En relación cos recibos dos atrasos do IBI de 2018 recibidos nas últimas semanas, dende o concello queremos informar que ante os múltiples erros detectados, nos que non se practica a dedución do importe xa pagado, e tras a xuntanza mantida esta semana coa dirección do Oral e o equipo técnico, o ORAL se comprometeu a emitir novamente estes recibos, aos que non se lle practicou o desconto por ter cambiado a referencia catastral tras o proceso simplificado de valoración colectiva.