Nota informativa sobre os atrasos do IBI de 2018

En relación cos recibos dos atrasos do IBI de 2018 recibidos nas últimas semanas, dende o concello queremos informar que ante os múltiples erros detectados, nos que non se practica a dedución do importe xa pagado, e tras a xuntanza mantida esta semana coa dirección do Oral e o equipo técnico, o ORAL se comprometeu a emitir novamente estes recibos, aos que non se lle practicou o desconto por ter cambiado a referencia catastral tras o proceso simplificado de valoración colectiva.

 

Polo tanto TODAS AQUELAS PERSOAS QUE RECIBIRON UNHA CARTA DE PAGO SEN DESCONTAR A PARTE PAGADA EN 2018 NON DEBEN PAGALO NIN RECLAMAR, automaticamente o ORAL revisará estes casos e emitirá un novo recibo, sempre e cando a persoa titular do ben sexa o mesma en 2018 que na actualidade.

As liquidacións que non son correctas, pero cambiou a persoa titular, si deben formular reclamación.

Mentres que as liquidacións que estean correctas si teñen que pagarse no prazo indicado na carta.

 

 

Gabinete de prensa, 14 de xaneiro de 2021