Xerais

Salceda aposta pola formación para abrir camiños na búsqueda de emprego

630 solicitudes para este plan de formación.

A área de formación pechou o prazo de presentación deste novo ciclo con 630 solicitudes. Dentro desta primeira parte de formación vanse levar a cabo os seguintes cursos:
– Curso de manipulador de alimentos.
– Informática básica.
– Búsqueda de emprego por internet.
– Manexo de carretilla elevadora.
– Preparación das probas para a obtención do graduado en ESO.

Xornada de cooperativismo

A Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas, organiza para a data 27 de novembro de 2012 unha xornada de cooperativismo en colaboración ca Mancomunidade de Vigo, Concello de Porriño, Concello de Mos, e Concello de Salvaterra de Miño, o horario é de 10:30 a 13:30, é o lugar de impartición será o Centro de Desenvolvemento Local do Torrón de Salceda de Caselas