A xornada de Cooperativismo celebrada este martes no CDL O Torrón foi todo un éxito.

O pasado 27 de novembro celebrouso no CDL de O Torrón en Salceda de Caselas unha xornada de divulgación do Cooperativismo.

Esta xornada foi organizada pola Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda e promovida pola Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, e coa colaboración dos Concellos de Salceda de Caselas, Mos, Porriño e Salvaterra de Miño.

A mesma acudiron persoas, colectivos e organizacións interesadas en xeral no cooperativismo e na economía social.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable de Emprego e Formación “neste intre as cooperativas poden constiturir unha oportunidade para a xeración de emprego, polo que é importante que dende as administracións fagamos este tipo de actividades, sempre hai algún veciño ou veciña que ten un proxecto en mente, e esta pode ser a fórmula para levalo a cabo”.

CDL de O Torrón, eixo das políticas de emprego e formación.

Dende a Concellería de Emprego e Formación séguese a traballar para que o Centro Desenvolvemento Local de O Torrón sexa un referente na comarca, e esta é só unha das actividades, as que tamén hai que engadir 5 cursos de formación que darán comenzo estes días. Ademáis para fomentar o emprego e autoemprego xa está acondicionado o Viveiro de Empresas que comenzará a súa andaina a principios do próximo ano, unha vez aprobada a ordenanza reguladora.