Sanidade

O Concello de Salceda costea parte do autobús para facer as revisións do cancro de mama

O Concello de Salceda está a subvencionar o transporte ás mulleres
convocadas para a realización da Campaña de Prevención do Cancro, que
ascenden a un total de 758, de idades comprendidas entre 50-69 para que
poidan contar cun autobús diario que as traslada dende o Concello ata a
Casa do Mar en Vigo (Beiramar), lugar onde se lles practica o recoñecemento.