Emprego e formación

Remata o 2º curso de Manexo da carretilla elevadora no CDL O Torrón

Este xoves rematou a segunda edicción do curso de Manexo de Carretilla elevadora, que se celebrou no CDL de O Torrón.
No mesmo participaron 20 alumnos que recibiron as clases teóricas e prácticas no mesmo centro; aproveitando así as instalacións tanto interiores como exteriores que proporciona o centro.

Convocadas as probas para obter o Graduado en ESO

Os interesados en presentarse ao exame non vos esquezades que o prazo de matrícula é o seguinte:
– Convocatoria de maio (data da proba 31 de MAIO): 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro (data da proba 12 de SETEMBRO): 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

A Concellería de Emprego e Formación xa ten presenza nas redes sociais

A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda xa ten presenza nas redes sociais. Dende o próximo 1 de febreiro estará en funcionamento o facebook Concellería de Emprego e Formación Salceda, cun obxectivo principal que é o de escoitar as propostas e achegar información aos veciños e veciñas de Salceda de maneira gratuita.