Cultura e festas

Salceda prepara máis de 20.000 racións de callos para a súa festa máis multitudinaria

O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada presentou onte, na Praza do Concello de Salceda, o programa da XXIII Festa dos Callos de Salceda que se desenvolverá os días 4, 5 e 6 de setembro, nun acto no que estaba acompañado das concelleiras de Cultura e Festexos, Tere Pérez, e Turismo, Loli Castiñeira, ademais de representantes de Frigolouro e da adega “Regina Viarum”.

Aberto o prazo de reserva do Local de Ensaio

O prazo de reserva permanecerá aberto dende o martes 21 de xullo e ata o sábado 8 de agosto, e os grupos e solistas interesados deberán cubrir o impreso que se lles facilitará no rexistro do Concello de Salceda.

Salceda adicará o Estourazo deste ano ao Entroido

O Estourazo homenaxea cada ano a un colectivo, e este ano é o turno de rendir homenaxe ao Entroido. Para elo participarán no evento representantes dos tradicionais entroidos de A Feira e Castro Barreiro, así como representantes das diferentes comparsas de Salceda que participan cada ano no Entroido do domingo.