Cultura e festas

VII Mostra Exposición da Camelia en Salceda de Caselas

A Concellaría de Turismo do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Loli Castiñeira, ven de presentar a VII edición da Mostra Exposición da Camelia, que se vai celebrar no Auditorio Municipal do Concello esta fin de semana (sábado e domingo).

Salceda vístese de Entroido

Esta mañá ven de celebrarse a presentación do Entroido no Concello de Salceda de Caselas, coa presenza do Alcalde, Marcos Besada, a Concelleira de Cultura, Tere Pérez, e representantes dos barrios de Castro Barreiro e A Feira, así como de algunas das agrupacións que van desfilar o domingo

Aberto o prazo de inscrición para o Entroido en Salceda

Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e a vindeira semana será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

Melchor, Gaspar e Baltasar chegan a Salceda

A cabalgata partirá da Praza da Devesa, pasando polas rúas Vigo, Avenida de Galicia, Victoriano Pérez Vidal e Rúa Rollo, con remate na Praza do Concello onde as súas maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas que queiran achegarse a saudalos.