Salceda estrea o seu centro terapéutico
O Concello de Salceda de Caselas ven de estrear o seu centro terapéutico, ubicado na antiga escola de Vendanova, e que servirá para acoller as actividades de AFAGA no municipio.
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
O Concello de Salceda de Caselas ven de estrear o seu centro terapéutico, ubicado na antiga escola de Vendanova, e que servirá para acoller as actividades de AFAGA no municipio.
O gabinete conta cun equipo especializado formado por catro integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atende tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 90% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo, que concedeu unha partida de 105.383,70 € para este último ano.
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Salceda ven de aprobar por unanimidade o proceso de licitación do servizo de axuda no fogar (SAF) para os vindeiros 4 anos, por un importe de 2.895.894,26 €
O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou onte por unanimidade a solicitude de construción dunha segunda escola infantil de 0 a 3 anos no municipio, nos terreos que o Concello posúe ao lado do novo centro de saúde, na rúa Mártires de Sobredo.
O Programa de Promoción da Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero é un programa que nace da colaboración entre institucións, neste caso, entre o Concello, a Xunta de […]