Alcaldía

Salceda homenaxea á Sociedade “Hijos de Entienza”

O Concello de Salceda, a Comunidade de Montes de Entenza, e a Asociación de Xóvenes “A Turonia”, veñen de render homenaxe á Sociedade “Hijos de Entenza”, fundada en Bos Aires en 1.920, e que durante anos acolleu aos emigrantes da parroquia de Entenza na cidade arxentina.

O Concello de Salceda adquire a antiga Cámara Agraria

Trátase dun edificio de 137,50 m2, ubicado nun de 256 m2 no barrio de Altamira, valorado pola Consellería de Facenda en 55.509,57 €, prezo polo que agora se vende ao Concello de Salceda de Caselas nun proceso de adxudicación directa.

En Galego, Agora e Sempre

O Concello de Salceda de Caselas súmase á celebración do acto “En Galego, Agora e Sempre”, que se leva celebrado xa en diversos municipios de toda Galicia da man da Asociación de Funcionarios en Lingua Galega. No caso de Salceda, o acto terá lugar o vindeiro sábado 31 de maio a partires das 12:30 no Cemiterio Parroquial de Santa María de Salceda.