Salceda aproba o seu III Plan de Igualdade
O Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar o III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes de Salceda de Caselas 2024-2028, subvencionado pola Deputación de Pontevedra con 5.554,15 €
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
O Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar o III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes de Salceda de Caselas 2024-2028, subvencionado pola Deputación de Pontevedra con 5.554,15 €
Nesta semana quedaron rematadas as obras de mellora dos viais municipais no Agro (Parderrubias) e Veiga do Campo-O Barreiro (Santa María), dúas obras solicitadas pola veciñanza e que por fin poden facerse realidade
O Concello de Salceda de Caselas vén de botar a andar o novo obradoiro dual de emprego para desenvolver entre decembro de 2024 a setembro de 2025. Neste caso serán vinte as persoas que formen parte como alumnado traballador, distribuídas nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira.
O proxecto suporá a creación dun novo espazo público seguro, amable e de calidade pensado para as persoas, cunha superficie de 956 metros cadrados, que contará cunha ampla zona verde de esparcemento e percorridos que permitan a mobilidade inclusiva e a autonomía infantil e que na práctica suporá unha ampliación da propia Praza do Concello nunha zona ata o de agora sen desenvolver.
O Centro de Enfermidades Neurodexenerativas de San Xurxo, xestionado por AFAGA, ten xa as súas dúas plantas operativas, logo de que a segunda planta fose habilitada polo Obradoiro Dual de carpintería e albanelería que vén de rematar fai uns días.