O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha este sábado a campaña “II Nadal Solidario”. Trátase dunha iniciativa para a recollida de libros e xoguetes coa fin de que ningunha nena nin neno quede sen un agasallo no vindeiro Nadal, a pesares da actual crise que agravou a situación económica dalgunhas familias.
Voluntarios e familias xuntos por nadal
Para este fin, o vindeiro domingo 2 de decembro permanecerá aberto o Auditorio Municipal, no cal estará un grupo de voluntarios recollendo xoguetes de 10:00 a 20:00 horas. Unha vez recollidos os agasallos procederase a súa preparación e clasificación por idades para a posterior entrega.
A Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social, Marina Cabaleiro, convida a participar nesta campaña a todos aqueles veciños e veciñas do noso municipio que desexen aportar xoguetes, libros ou calquera outro obxecto que poida ser usado polos rapaces e rapazas con menos de 16 anos.
Marina Cabaleiro, “esta iniciativa naceu o pasado nadal, o grande éxito e a elavada participación da primeira campaña lévanos a que este ano volvamos a apostar por esta actividade, ademáis dende a Concellería de Benestar Social somos conscientes de que é necesaria a solidaridade neste momento de crise para axudar as familias”. Na campaña anterior ningún neno nin nena quedou sen o seu agasallo e confiamos en que este ano obteñamos o mesmo resultado.
Agradecemento a Bolsa de Voluntarios – Ven a coñecer o seu labor
Marina Cabaleiro, responsable tamén da área de Voluntariado quere agradecer ós voluntarios e voluntarias a súa participación nesta e noutras actividades e animar a todas aquelas persoas que queiran formar parte da bolsa de voluntariado do Concello (VOLSA) que pasen a informarse pola oficina da Concellería de Benestar ou na Oficina de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura.
O próximo mércores 5 de decembro, co motivo do Día Internacional dos Voluntarios, ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal un acto público de agradecemento a labor que desempeñan no Concello de Salceda e o mesmo tempo no hall do Auditorio todos os veciños e veciñas poderán coñecer o seu traballo a través dunha pequena mostra.