Día Internacional do Voluntariado. Agradecemento a Bolsa de Voluntarios de Salceda (VOLSA)

A Concellería de Voluntariado ven de celebrar o día internacional do voluntariado, cun acto de agradecemento aos voluntarios e voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda.

O acto público de agradecemento tivo lugar no Auditorio Municipal o pasado 5 de decembro ás 19:00 horas. Foi un acto de recoñecemento a labor que desempeñan no Concello de Salceda, a través dunha proxección ao mesmo tempo que no hall do Auditorio todos os veciños e veciñas poideron coñecer o seu traballo a través dunha pequena mostra de fotografías.

O acto foi organizado pola Concelleria de Voluntariado e a propia presentación correu a cargo de catros dos propios voluntarios.

Os voluntarios e voluntarias de Salceda colaboran na maioría de actividades realizadas polo Concello:

– Programa de Alimentos.

– Roupeiro Municipal.

– Nadal Solidario.

– Roteiros.

– Actividades deportivas.

– Festexos.

No acto tamén se fixo mención a empresas, asociacións e particulares que colaboraron de forma altruista co Programa de Alimentos do Concello de Salceda. Como exemplos: Escola Infantil Xoaniña, Carnicería Cándida, Farmacia Peleteiro, Reparaciones Aragonta, S.L., Darlim, S.L. e moitos particulares que a nivel persoal botan unha man.

Marina Cabaleiro “este pequena mostra para dar a coñecer o traballo dos nosos voluntarios e voluntarias, é un pequeno xesto a un grande traballo. Eles fan que a nosa sociedade sexa un pouco máis xusta e solidaria”.

http://www.youtube.com/watch?v=xTpVaz2DHNk&feature=player_embedded