As obras de Rehabilitación e acondicionamento dos cruceiros de Fonte da Pedra situado na parroquia de Santa María e o cruceiro de Maceira da parroquia de Parderrubias xa están concluídas.O orzamento asignado para a rehabilitación ascendeu a un total de 25.914,40€ subvencionado nun 82,76% polos fondos AGADER 2012, facéndose cargo do 17,4% restantes o Concello de Salceda de Caselas.
O entorno do cruceiro da Fonte da Pedra está composto por varios elementos: un cruceiro e un peto das ánimas que foi mandado construír posteriormente, no ano 1904. A importancia do cruceiro se remonta a cando Juan Antonio García Sestelo, mandou facelo peto en agradecemento ás Ánimas do Purgatorio por ter recuperado a súa saúde, a través das augas que alí habían que dicían eran milagreiras. Para súa rehabilitación realizouse a limpeza do cruceiro e peto de ánimas e o acondiconamento da área a través da reconstrucción dun muro, axardinaxe, adoquinado, focos de luz indirecta e cartel interpretativo, onde aperecen os datos máis importantes que levaron á construcción do cruceiro.
Por outra banda o cruceiro de Maceira é o cruceiro máis alto de Salceda de Caselas, composto por varios Santos entre os que destaca o de San Tomé, patrón da parroquia de Parderrubias e Santo Antón por detrás. O ano de construcción é do 1799, polo que podería tratarse dun cruceiro xubilar(o ano 1800 era ano santo). O cruceiro foi mandado facer por María Antonia Alo, segundo aparece na súa inscripción. Na súa rehabilitación procedeuse a súa limpeza, e acondicionamento da área a través de adoquinado combinado con cemento impreso, iluminación indirecta e panel interpretativo.
O Concello de Salceda conta coa autorización dos permisos de Patrimonio e Deputación para a realización das obras de acondicionamento e posta en valor de ambos cruceiros. Fortunato Alvarez, concelleiro de Vías e Obras, incide “as obras se executaron da mellor maneira posible e nos prazos de execución previstos. É o noso compromiso a implicación na humanización de espazos de relevancia dentro do Municipio de Salceda, dándolles un espazo e importancia relevantes nestas área situadas nas parroquias do noso Concello”.
Marcos Besada, Alcalde do Concello de Salceda, asegura “que o Goberno Municipal está a facer todo o posible para levar a cabo a tarefa de recuperación do Patrimonio Histórico e Bens de interese Patrimonial e Cultural do noso concello, xa que estos elementos forman parte da nosa cultura e da nosa Historia. Seguiremos a traballar para continuar coa recuperación de elementos patrimoniais, como xa se está a facer cos muíños”.