O CEP Altamira realizará, este venres a partir das 10:00 da maña unha serie de actividades que terán lugar na Senda Peonil do Río Caselas. Persoal e voluntarios do Concello de Salceda de Caselas traballarán en colaboración cos nenos dos cursos de 3º e 4º. Os nenos de 3º comezarán a actividade camiñando a través do espazo peonil ata afin do traxecto, onde unha vez chegado ao Campo de Fútbol da Picoña realizarán actividades cos mestres.
Serán os nenos de 4º os que farán a actividade que xa se realizara previamente no Verán Cultural do ano pasado, onde cada muíño se axeitaba con paneis de temáticas diferentes relativas á Flora, Fauna e Micoloxía existentes no Río Caselas. Cada neno disporá dunha ficha con diferentes acertixos e preguntas sobre o que está exposto, e terán que responder ás adiviñas ou cuestións que se lle plantexan. Para esta actividade a colaboración entre os mestres e voluntarios é fundamental para que os nenos poidan disfrutar das diferentes probas ás que se lles someterá.
Este ano no verán cultural repetirase, dende o Concello de Salceda a proba, cámbiandose a temática, xa que o espazo que van a ocupar os paneis existentes é o da Senda dos Humidais, onde especies con prioritarias para priorizar a súa conservación, estarán expostas coa finalidade de que os máis cativos as coñezan dunha maneira amena e divertida.
Dende a área de Medio Ambiente e Ensino, dirixida por Cándido Lorenzo e Terez Pérez, repectivamente, quérese felicitar ao CEP Altamira por todas as actividades que están a levar a cabo, tralas que hai unha gran laboura de traballo nas que os mestres, implican moitas horas para que sexan posibles. E queremos conceder a nosa máxima colaboración co Centro de Ensino Público, para que os máis cativos disfruten do medio e das actividades que se ofrecen dende o Concello.”