En Busca do Callo Perdido II

80 participantes percorren as rúas de Salceda en busca do tesouro

Esta iniciativa promovida dende a Concellería de Deportes, responsabilidade da Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, mantivo en suspense a tódolos veciños e veciñas do centro da vila o mirar correr os grupos participantes polo centro da vila durante toda a tarde.

Esta idea, que se celebra por segundo ano, xurdiu o querer engadir á tradicional Festa dos Callos algunha actividade deportiva na que tivese cabida xente de todas as idades, grupos de amigos ou familias.Os case 80 participantes repartidos en 16 grupos, precorreron todo o casco urbán en busca dun tesouro que finalmente se atopaba na Praza do Concello. Nesta ocasión a concellería tivo a colaboración de varios dos comercios de Salceda, ademáis de contar con voluntarios na organización e entrega de pistas. Os participantes tiveron que visitar varios espazos municipais como a Piscina, o campo de fútbol do Caselas, F.C, a Escola de Música ou o Parque Raíña Aragonta; ademáis de locais comerciais colaboradores: Anaconda, Ferretería Lorenzo, A de Copi, Conchi Pérez Peluquería e Estética, Enjoy Coffe, Pizzería Cerkanías, Desmodus, Xiandela, Comercial Caselas, Carnicería Cándida, AA.VV. Caselas e incluso o posto do Clube de Balonmán Caselas instalado na Praza con ocasión da Festa dos Callos.

Despois da intensa tarde, resolvendo pistas e probas como cantar, tocar, bailar ou adiviñar, tódolos grupos degustaron os callos no Serán que se celebrou na Praza do Concello. Ademáis, os gañadores poideron desfrutar das invitacións e  agasallos ofrecidos gratuitamente polas casas colaboradoras.

Os primeiros en chegar con todas as pistas resoltas foi o grupo “Os de Sempre” e tardaron 1 hora e 32 minutos, conseguindo así o primeiro premio que consistía ademáis de na degustación dos callos, unha cea na Tapería A Calustra e unha sesión de burbullas no Balneario Caldelas.

O remate tivo lugar un sorteo entre todos os que participaron, con agasallos ofrecidos por Reloxería Otero, Autos Fibal e Folla de Acanto Cantería e Escultura.

Especial mención merecen as familias que participaron con nenos e nenas, xa que pola curta idade non podían ir ao ritmo dos grupos compostos por maiores.

Marina Cabaleiro, quere agradecer ás casas colaboradoras e voluntarios que apoiaron esta segunda edición, sen os cales non poderíamos levar a cabo estas iniciativas. “Os participantes fixéronnos pasar unha tarde moi divertida, dándolle ese toque de humor a un xogo tan tradicional como a busca do tesouro”.