Arranque da Aula Mentor do CDL O Torrón.

Este luns  a Concellería de Emprego e Formación recibiu a visita do xefe de servizo de Educación de Adultos, José Alejo Losada, acompañado de Antonio León e Blanca Río, asesores deste servizo da Consellería de Educación.

A visita tiña o fin de poñer en contacto ós responsables da Aula Mentor da EPA O Berbés, José Manuel Filgueiras e Jesús Fernández Álvarez, cos administradores da Aula Auxiliar de Salceda. O convenio coa Consellería foi firmado en xullo, peron non se puso en marcha ata agora, debido a que os administradores da aula auxiliar do Concello de Salceda Claudio González e Verónica Tourón, tiveron que facer un curso para poder exercer esta función, e agora dependerán dos administradores da Aula EPA Berbés.

Na reunión trasladouselle á Concelleira de Emprego e Formación, Marina Cabaleiro e ós novos administradores da Aula o funcionamento e a información necesaria do proxecto Aula Mentor.

Este foi o derradeiro paso para poder poñer en marcha a Aula, co cal, a partir de hoxe mesmo todos os interesados poden informarse e matricularse nos máis de 100 cursos dos que dispón esta plataforma.

Cabe destacar que a Aula Mentor é unha iniciativa de formación aberta, flexible e a través de internet dirixida a persoas adultas que desexen ampliar as suas competencias persoais e profesionais.

Marina Cabaleiro, “Salceda dispón desde este momento dunha Aula Mentor, que será a sexta na provincia, sendo o primeiro concello deste tamaño que dispón do servizo no sur da Provincia.” Aproveita tamén a Tenente Alcalde, para suliñar “que proxectos como estes son nos que traballamos día a día, mellorando o futuro, e non adicarnos a dar respostas ó Partido Popular que adica o seu tempo a buscar culpables de obras non feitas, cando a preocupación dos veciños e veciñas é outra moi distinta”.

En liña con estas iniciativas para dar resposta a demanda de educación para adultos, a Concellería de Emprego e Formación, tamén informa que ten aberto ata o 30 de decembro o prazo de inscrición nas clases para a preparación das probas libres de Graduado en ESO. Esta inscrición pode realizarse de luns a venres no Rexistro Xeral do Concello.