Campus de Nadal

DSC00043

A concellería de Deportes informa de que continúa aberto o prazo de inscrición para o campus de Nadal ata o mércores 17 de decembro.

Os destinatarios son nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As datas no que se levará a cabo serán de luns a venres entre o 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro (ambos inclusive, exceptuando os días festivos). En horario de 9:30 a 14:00 horas, con posibilidade de Aula Matinal a partir das 8:00 horas.

Ademáis de deporte, realizaranse outras actividades como: obradoiros navideños, manualidades, repostería, teatro, mercadiño solidario…

Para máis información ou inscricións poden dirixirse a concellería de Deportes, Escolas Deportivas Municipais ou Casa da Cultura.

Marina Cabaleiro “esta iniciativa nace coa idea de fomentar hábitos de vida saudables, non só a nivel físico senón tamén a nivel social, mediante actividades que traballan actitudes solidarias e un consumo responsable, ademais de promover unha medida de conciliación laboral e familiar”.