O entroido de Salceda contra as agresións sexuais
O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña “Entroideiro ou besta”, coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara pode carrexar situacións de risco para as mulleres.