O Consello Veciñal de Salceda contará coa representación de todos os sectores
Este xoves celebrouse a reunión de organización do Consello de Participación Veciñal, presidido pola alcaldesa Verónica Tourón.
Unha vez actualizado o Rexistro Municipal de Asociacións, un total de 49 asociacións do eido educativo, cultural, social, veciñal, comercial, deportivo, de montes, etc. solicitaron formar parte deste Consello. Nesta primeira reunión participaron a maior parte delas e acordouse celebrar a sesión constitutiva do consello o próximo 18 de novembro.