Novas

Melchor, Gaspar e Baltasar chegan a Salceda

A cabalgata partirá da Praza da Devesa, pasando polas rúas Vigo, Avenida de Galicia, Victoriano Pérez Vidal e Rúa Rollo, con remate na Praza do Concello onde as súas maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas que queiran achegarse a saudalos.

Chega a Salceda o Apalpador

Hoxe ás 17:00 da tarde na Casa da Cultura A.D.R. Castelao o Apalpador realizará a súa aparición en Salceda de Caselas

Inaugurada a Senda Valentín Paz Andrade

O Concello de Salceda de Caselas ven de inaugurar a Senda Valentín Paz Andrade, que durante os seus 1.350 metros percorre as ribeiras do Río caselas dende As Pontes ata As Regadas, case ca no límite co Concello de Salvaterra de Miño.