Aberto o prazo de inscrición para o Entroido en Salceda

2015.01.26 Entroido

O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría e Festas que dirixe Teresa Pérez, ven de abrir o prazo de inscrición para a participación no XVII Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará no municipio o domingo 15 de febreiro de 2015. Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e a vindeira semana será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con o usen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Ademáis, o desfile completarase co concurso de coplas no que participan tódalas agrupacións. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 100 e os 700 € en función do número de componentes.

Ademáis da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías: A mellor música en directo, a mellor coreografía, a comparsa máis festeira, a comparsa con maior número de componentes, o tema máis orixinal, o mellor vestiario, a carroza máis traballada, a carroza máis orixinal, o mellor traballo en conxunto, as coplas máis divertida, as coplas mellor recitadas e o participante de maior idade, así como un agasallo para o participante máis novo.

Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.es ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello.

O día completarase co tradicional concerto de Entroido da Banda Cultural de Salceda pola mañá e a verbena pola noite. En Salceda o Entroido é unha das súas festas máis grandes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas.

A programación municipal completará o xa tradiconal enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 125 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estricto segredismo.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura: “Estamos ante a nosa festa máis tradicional, que en Salceda se remonta a máis dun século de tradición. Agardamos que un ano máis o noso Concello sexa referencia na festa do Entroido e agardamos a visita de milleiros de persoas para o que estamos a traballar xa entre as diferentes concellarías”.

Gabinete de prensa, 26 de xaneiro de 2015