A Praza do Concello acollerá esta semana a máis de 10.000 persoas

A Praza do Concello acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición da Festa dos Callos de Salceda. A Alcaldesa accidental, Loli Castiñeira, e a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, estiveron acompañados polo alma mater da festa, Alejandro Alonso, Fernando Córdoba, Director da unidade de negocio de Coren e por Fernando Carrera, Xefe de ventas do departamento comercial de viños de DISGOBE.

A Concelleira de Cultura salientou a ampla programación complementaria para celebrar a festa, que se vai extender ao longo da fin de semana con actividades dirixidas a tódolos públicos, o sábado e o domingo.

Na xornada do sábado poderase asistir ao espectáculo “Concerto singular” que o grupo Píscore xunto coa Banda Cultural de Salceda ofrecerán no Auditorio Municipal, antes de dar paso á XII edición do Serán dos Callos na Praza do Concello.

No tocante á xornada principal do domingo, Josito Porto e Victor Mosquera serán os encargados de dar o pregón da festa. Xa pola tarde Josito e Victor (Mofa e Befa) ofrecerán o seu espectáculo “Cranios privilaxiados ou crítica da razón perralleira” no Auditorio Municipal.

A Concelleira salientou que unha vez máis serviranse callos sen gluten, polo que tamén os celíacos se poden achegar tranquilamente á degustación de callos.

Por parte de Frigolouro, os seus representantes agradeceron ao Concello de Salceda que contase con eles unha vez máis, garantizando a existencia de callos para todos aqueles e aquelas que se queiran achegar a degustalos, dende as 9:30 ata as 16:00 horas aproximadamente. Este ano o viño elexido foi un un tinto Via Imperial da Ribeira Sacra das bodegas Regina Viarum.

As racións poderanse degustar polo prezo de 8 €, nos que se inclúe a ración de callos, o pan, o viño ou auga, a cazola e a taza conmemorativas. Asímesmo, poderanse adquirir as racións de callos para levar ao prezo de 6 €.

Loli Castiñeira, Alcaldesa accicental salientou o realce que se lle leva dado á festa nos últimos anos, no que se refire a todo o que rodea a festa, que non se queda nun simple xantar, senon que vai moito máis alá cunha ampla oferta cultural e turística que serve de aliciente a moitas persoas de Salceda e dos arredores. Así mesmo, fixo mención especial ao dispositivo de seguridade e organización previsto, con participación de máis de 50 persoas voluntarias, ademáis do persoal municipal e os corpos de Policía Local e Protección Civil. En palabras da Concelleira “estamos preparados para acoller aos milleiros de persoas que se achegarán o domingo a Salceda”.

 

Gabinete de prensa, 28 de agosto de 2018