A praga do Psílido Africano: Medidas de control

A praga Trioza erytreae que está a danar os cítricos na zona, de maneira drástica, é un grave problema que está a azotar a nosa zona.

É orixinario de áfrica que se comezou a detectar en Galicia no ano 2014 nas comarcas do Salnés e de Barbanza, e ataca principalmente a familia dos cítricos, especialmente aos limoeiros e limas.

É unha praga de corentena, polo que se están a tomar medidas de erradicación e control, a través da detección dos sítomas nos exemplares afectados.

É moi importante traballar conxuntamente no tratamento dos cítricos, para evitar que a súa expansión. Carla Pérez, concelleira de Medioambiente, incide en que a información é un dos mellores mecanismos de defensa para poder coñecer qué podemos facer, e evitar que se poida expandir e atacar a produtores de cítricos, xa que a corentena implica que o produto non se poida comercializar.

Por iso é importante que o día 3 de marzo ás 20h acudades á Casa da Cultura para poder aclarar dúbidas e coñecer máis de cerca a problemática da praga, tendo en conta que a nivel particular é moi habitual que os terreos conten con cítricos sobretodo, limoeiros e laranxeiros.