Novas
Salceda de Caselas axiliza a contratación do Saneamento de Entenza
O pasado martes, o organismo provincial comunicou oficialmente a concesión de 700.000 euros, que supón a contía principal desta obra que alcanza os 875.000 euros, e dos cales 175.000 son achegados polo Concello tamén a través dun Plan da Deputación de Pontevedra
Salceda de Caselas convértese na capital da camelia
Nesta edición, os días 15 e 16 de marzo completarán unha fin de semana na que pasarán pola vila salcedense centos de persoas para gozar dos diferentes traballos que as persoas participantes levarán a cabo, na que xa é a mostra máis importante da camelia en Galicia.
Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves presentan por terceiro ano o Programa Xuntas, pioneiro na xestión das políticas de igualdade.
O Programa Xuntas é un exemplo de cooperación local e xestión compartida en políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero que se financia dende hai 3 anos con cargo a fondos europeos e Xunta de Galicia.
Pleno ordinario
Neste enlace podes seguir o Pleno Ordinario do 27 de febreiro de 2025 ás 20:30 h.