Xornadas de Micoloxía

Un ano máis os cogomelos son os protagonistas do outono, que mostran un aproveitamento do monte, que cada vez está a acoller a un maior número de afeccionados. É moi importante saber cal é o seu papel no medio, e aprender a distinguilos, para coñecer cales son comestibles e cales presentan toxicidade.

As xornadas constan dunha charla, que terá lugar na Casa da Cultura o luns día 4 de decembro e continuará o dia 9 cunha saída de campo, na que se van a mostrar as características de parte do reino Fungi.

As inscripcións podense facer na Casa da Cultura ou a través do correo electrónico:medioambiente@salcedadecaselas.esO mundo dos Cogomelos Salceda 2017