A Piscina Municipal de Salceda, acolle este sábado 10 de agosto, unha xornada de deporte, xogos e baile para todas as idades. A piscina manterá o seu horario de apertura e as actividades serán de 16:30 a 18:30 horas, non é necesaria a inscrición previa e só é preciso pagar a entrada habitual.
Esta xornada, entra dentro da iniciativa da Concellería de Deportes de achegar o deporte a todos os sectores da sociedade e que deu comenzo coa actividade “Deporte na Rúa” que se levou a cabo dentro da programación do Verán Cultural.
Aproveitando a época estival os veciños e veciñas puideron coñecer e participar en deportes como o baloncesto, balonmán, loita olímpica, ximnasia acrobática, brake dance, ciclismo ou multideporte. Agora tócalle o turno ós deportes acuáticos para os cales utilizaremos as istalacións da Piscina Municipal.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable desta área “intentamos achegar os distintos deportes a todos os veciños e veciñas, dar a coñecer aqueles minoritarios e inculcar os nosos cativos e xoves hábitos saudables, en definitiva deporte para todos e todas”