II Xincana da Natureza

II XINCANAO vindeiro venres día 30 de maio vai a ter lugar no parque da Gándara a II Xincana da natureza ás 18h. Nesta II Xincana vanse a aumentar o número de xogos-probas que van a ter que superar, ata 6 diferentes.

Nestes xogos os nenos e nenas van a ter que mostrar a súa condición física, destreza, puntería e coñecementos para superar cada unha das probas con éxito.

Os cativos vanse a agrupar por equipos e terán que competir entre eles para ver cal vai a ser o equipo máis rápido, hábil e que máis coñecementos de animais e natureza teña.

Poden participar todos os que teñan unha idade inferior a 15 anos, e vanse a agrupar por idades. Os que teñan menos de 5 anos participarán con xogos con Eva Piruleta, que vai a proporcionar diferentes talleres e actividades axeitados para esas idades. Os que teñan mais de 5 anos xa participarán na Xincana da natureza durante a tarde do venres.

Todas e todos os interesados en participar o poderán facer inscribíndose no enderezo: medioambiente@salcedadecaselas.es. En caso de choiva quedará aprazado o acto, que se comunicará aos inscritos previamente.