VII Marcha BTT Raíña Aragonta

O vindeiro 19 de Outubro, terá lugar a VII edición da marcha BTT Raíña Aragonta, con saída ás 9:30 da Praza do Concello.

A marcha percorrerá rincóns de excepcional beleza con vistas a todo o val do Caselas. Os participantes encontarán dous percorridos (35 e 45 km) con unha dificultade media – alta.

 

Haberá dous avituallamientos, sorteo de regalos, lavabicis e duchas.

As inscricións poden realizarse en: http://jroliveira.net84.net/aragonta2014/ e o precio será de 6 euros para os ciclistas federados e 12 euros para os non federados.

 

Paralelamente á btt vai a realizarse a VIII Roteiro de Coñece o teu Entorno que leva por nome “os 15 km co clube ciclista Aragonta”. Este roteiro vai a percorrer varias parroquias do noso municipio, e vai a contar cun punto intermedio de avituallamento que coincidirá no Coto da Crus. O percorrido xa está dispoñible na páxina web do concello. O custe é de 1 euro que se pagará na praza do Concello ao Clube ciclista Aragonta antes da saída que terá lugar ás 10:00 horas.

Para participar os interesados e interesadas o poderán realizar a súa inscripción a través do correo electrónico medioambiente@salcedadecaselas.es

 

A concellería de deportes resalta o nivel de participación e o éxito que cada ano ten o C.C. Aragonta na organización desta marcha BTT.