Viaxando 2015

bases Viaxando 2015

IX Certame Fotográfico VIAXANDO
O certame está organizado cada ano polas diferentes OMIX do Baixo Miño; O Rosal, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui, e cumpre a 9º edición.
O Concurso atópase neste momento en pleno proceso de recollida de fotos (ata o 23 de outubro).
Poden participar os mozos de ata 35 anos dos distintos concellos participantes.
Esta mostra itinerante está adscrita a rede de exposicións de fotografía Outono Fotográfico cunha traxectoria de máis de 30 anos de mostras neste campo.
 Dende a oficina de xuventude de Salceda de Caselas, queremos convidar a que participedes neste certame que leva como premio unha tablet.
A fotografía é unha forma representativa do arte a través da calidade e imaxinación do artista, polo que dende a Concellaría dirixida por Carla Pérez, convidamos a todas aquelas persoas que o desexen a participar cumprindo os requisitos que veñen especificados nas bases.