A fin de semana do 20, 21 e 22 vanse celebrar no noso Concello as V Xornadas de Micoloxía. Como puntos fundamentais das xornadas estarán a identificación, coñecemento e degustación. O inicio será o día 20, ás 20:00 no CDL do Torrón, onde onde se abordará a identificación, etnomicoloxía, usos, receitas e degustación dos cogomelos. As inscricións poden realizarse por mail en medioambiente@salcedadecaselas.es, tendo un custe de 2,5 €
O sábado 21, a partires das 17:00 será Oscar Requejo o encargado de facernos un percorrido micolóxico pola Senda do río Landres, con saída dende a área de Autocaravanas e remate no Muíño da Laxe.
E o domingo 22 a XIX Festa do Gogomelo de Entenza, organizada pola Asociación de Xóvenes a Turonia, acollerá dende as 11 de mañá a centos de visitantes que un ano máis, acudirán a esta cita gastronómica.
A Concellaría de Medioambiente, dirixida por Carla Pérez, agarda que un ano máis estas Xornadas teñan grande éxito, coa posta en valor do monte dende un punto de vista multifuncional, onde hai moitos produtos con excelente aproveitamento que o noso medio nos concede. Felicitar un ano máis o traballo da Turonia coa súa XIX Festa do Cogomelo, na cal queremos animar a participar a todas aquelas persoas que o desexen, e que un ano máis poderán dar boa conta de diversos platos preparados con cogomelos