Salceda e un pobo vivo e dinámico, que destaca polo variado tecido asociativo que, xunto coas actividades organizadas dende o propio Concello, ten feito do noso pobo un referente no que a dinamismo se refire, con multitude de opcións para disfrutar do ocio e tempo libre, para as diferentes idades e para os diferentes colectivos.
Destacan as súas festas de Entroido, cunha rivalidade centenaria que cada ano enfronta aos barrios de A Feira e Castro Barreiro, así como as Festas do Cristo no mes de xullo e a Festa gastronómica dos callos, que cada ano reúne a milleiros de persoas en torno a este característico prato.
As nosas sendas fluviais reciben cada día a ducias de veciños e veciñas, pero tamén a numerosas persoas visitantes que se achegan a coñecer os nosos ríos, os espazos que os rodean, e os parques etnográficos, de obrigada visita.
- O concello
- Emprego e formación
- Turismo
- Concellarías
- Información municipal
- Directorio
- De interese
- Perfil do contratante
- Formularios e impresos